Subvención TU983C para Agencias de Viajes

Como apoyo a la situación de la pandemia, la Xunta de Galicia ha publicado una serie de subvenciones con el objetivo directo mejorar la actividad de las agencias de viaje para este año 2021. A continuación detallamos parte de la convocatoria oficial:

Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por entidade solicitante .

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante durante o ano 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

1.1. Gastos que obrigatoriamente se deben realizar en cumprimento da normativa turística con respecto á póliza de responsabilidade civil e garantía en materia de viaxes combinadas.

En concreto, serán gastos subvencionables:

a) A póliza de responsabilidade civil para afianzar o normal desenvolvemento da actividade da Axencia que garanta os posibles riscos da súa responsabilidade, que será directa ou subsidiaria, segundo a utilización de medios propios ou non na prestación do servizo, nos termos exixidos pola normativa en vigor (artigo 6.1 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo).

b) Os custos da constitución da fianza ou da inclusión da Axencia no fondo de garantía para dar cumprimento ao establecido no artigo 16 do Decreto 25/2018, do 22 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

O importe máximo da subvención para este concepto será do 100 % do gasto subvencionable, cando estes gastos non superen os 1.200 €.

No caso de que o importe do gasto subvencionable da entidade solicitante supere os 1.200 €, o importe da axuda sobre a contía que exceda os 1.200 € será dun máximo do 80 % da citada contía e, en todo caso, o importe da subvención será como máximo de 2.500 €.

1. 2. Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.

Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante, a partir do 1 de xaneiro de 2021, relativos á creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia, acorde cos requisitos que se indican:

a) Gastos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais, tales como folletos, cartelaría, flyers, bancos fotográficos, vídeos, spots…, así como de elementos de promoción (merchandising).

b) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

c) Gastos relacionados coa promoción en liña, tales como actualizacións de páxinas web, landing pages, accións para a mellora do posicionamento en buscadores SEO, email marketing, márketing dixital, plataformas de comercialización, medios de comunicación social, blogs e redes sociais.

d) Gastos derivados dos custos da pertenza a grupos de compra e/ou xestión de uso de ferramentas para a creación de produto turístico e/ou de comercialización do destino Galicia.

1.3. Gastos derivados da transformación dixital.

Consideraranse os conceptos de:

a) Gastos derivados dos custos das licenzas de programas de xestión para 2021.

b) Gastos derivados de ferramentas de comercialización e de servizos (IATA, AMADEUS, etc.) para 2021.

c) Gastos pola adquisición de equipamento informático, software e comunicacións.

d) Gastos derivados de asistencias en programación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de información.

e) Gastos derivados de asistencias para actividades de dixitalización (xestión de plataformas, web, creación de contidos, xestión de redes sociais, community manager, etc.).

2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais, nin ningún outro fóra dos especificados.

O IVE non será subvencionable, excepto cando non sexa recuperable ou compensable, conforme dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. O importe máximo de subvención para os conceptos dos puntos 1.2 e 1.3 será do 100 % do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan:

– Para empresas de ata 2 traballadores: 5.200,00 euros.

– Para empresas de 3 a 6 traballadores: 11.200,00 euros.

– Para empresas de 7 a 19 traballadores: 16.200,00 euros.

– Para empresas de 20 ou máis traballadores: 21.200,00 euros.

Se a entidade solicitante ten más dunha sucursal, o límite ampliaríase da seguinte forma:

– Entre 2 e 3 sucursais: 2.000 euros.

– De 4 ou máis sucursais : 3.500 euros.

 

¡Contacta con nosotros para gestionar la subvención info@webvigo.com!

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *